¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

Blog

TRABALLOS DE HISTORIA

Durante o segundo trimestre, os alumnos de 2º de ESO realizamos uns traballos en cooperativo na clase de historia. A profesora Rosa encargou a cada grupo buscar e recopilar información sobre distintos temas históricos. Ela deunos a cada grupo dúas cartulinas e o tema sobre o que tiñamos que indagar. Os temas eran os seguintes: As catedráis góticas (Burgos, Reims e Milán), a fachada de Praterías, o Camiño Portugués, o camiño francés, as catedráis románicas e a catedral de Ourense.

Cada grupo tiña que atopar unha maneira orixinal de unir aas cartulinas, organizar o traballe e de exponer. Para avaliar a exposición, os membros de cada grupo tivemos que organizarnos en : comisario, periodista, artista e cartelista. O comisario era o que organizaba o traballo; o periodista era o encargado de promocionar a exposición; o artista era o que debuxaba e decoraba as cartulinas e o cartelista encargábase de escribir as cartelas das imaxes. Unha vez que o traballo xa estaba rematado, o comisario de cada grupo tiña que facer un informe de investigación explicando os pasos que o grupo tivo que seguir para o bo resultado da exposición.

O martes día 20 de marzo os grupos tiveron que expoñer o seu traballo. Cada persoa tiña que valorar anónima e individualmente o contido, exposicón e presentación do traballo realizado por cada grupo

 

 

O martes día 20 de marzo os grupos tiveron que expoñer o seu traballo. Cada persoa tiña que valorar anónima e individualmente o contido, exposicón e presentación do traballo realizado por cada grupo.

Na nosa opinión, a exposición de cada grupo mostrou un bo traballo grupal e cooperativo que non podería facerse sen a colaboración e participación de cada un de nós.

(Alba Abalo e Elena Nieto Codesido. 2º ESO B)

 

 

 

0
0
0
s2smodern
logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.