¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

Blog

Pórtico da Gloria

 O luns 29 de xaneiro e o luns 19 de febreiro os alumnos de 2º A e os alumnos de 2º B da ESO tivemos unha saída cultural á catedral de Santiago de Compostela acompañados por dúas profesoras da materia de Xeografía e Historia, Amadora e Rosa.

A visita consistiu nunha exposición guiada sobre a historia do Pórtico da Gloria a través dalgunhas das súas esculturas. A exposición -que alberga o Pazo de Xelmírez- fíxose en colaboración co Museo do Prado de Madrid.

Na exposición aprendemos moito sobre o Pórtico da Gloria e sobre o seu artífice o Mestre Mateo. Un dos elementos que máis nos chamou a atención foi que as esculturas foron pensadas e creadas para que puidesen ser vistas desde abaixo e por iso presentaban algunhas deformidades.

Na segunda parte da visita fixemos un obradoiro e tivemos a oportunidade de recrear o Pórtico da Gloria por grupos, entendendo, deste xeito, que cada unha das pezas é fundamental para a construír todo o conxunto.

Agradecemos a Xesús Borrageros, o guía que nos explicou con moito detalle cada unha das pezas da exposición.

Texto escrito por María Francisco Ventoso e Claudia Rodríguez Juárez (alumnas de 2º ESO A).

 

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern
logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.