¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

Blog

BIBLIOTECA "SAN JOSÉ DE CLUNY"

 

  O colexio conta cunha biblioteca escolar activa e renovada, un espazo educativo primordial para a formación integral do alumnado que contribúa á adquisición de competencias clave na sociedade da información. A nosa biblioteca pretende ser un lugar aberto, de lectura, creación e comunicación. Aspiramos a que sexa un  lugar de encontro entre alumnos, familias, irmás e todo o persoal do Centro. Por iso queremos facela máis accesible dende o patio: para que poidan acceder á cultura, ao lecer san, á busca de información a través dos libros e a través dos ordenadores... Por todo iso é plo que entendemos a biblioteca como un elemento estratéxico par a innovación pedagóxica, non só por vertebrador e facilitador da interdisciplinariedade, senon como revitalizador da práctica educativa e da vida cultural do centro.

A biblioteca forma parte da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia polo que o sistema de préstamo e catalogación se realiza a través do programa MEIGA seguindo o criterio de Clasificación Decimal Universal.

Esta sala de 120 metros cadrados dispón de varias zonas: zona de lectura, consulta e traballo, zona de lectura informal,  zona de ordenadores, zona de xornais e revista e zona de  préstamo. Ademais dos servizos de préstamo, lectura e consulta dos fondos  tamén é un lugar no que  se elaboran e expoñen os diferentes proxectos realizados polos alumnos.

A biblioteca permanece aberta durante todo o horario lectivo incluíndo tamén os momentos de recreo. Fóra de horario lectivo abre de 13.30 a 15.30 e de 17.30 a 18.30.

                                      

 

 

 

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern
logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.