¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

Blog

1º ESO Percorrido por Santiago

Os pasados días 25 e 26 de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO realizaron un percorrido pola alameda e o centro histórico de Santiago. Foi esta a derradeira actividade dun obradoiro de Xeografía que estivemos a realizar nas últimas semanas. Consistiu en facer o percorrido orientándose cun plano e cumprimentando, ao longo do mesmo, un pequeno cuestionario. Na alameda situaron neste plano as esculturas de Valle-Inclán, a leiteira de Calo, Rosalía de Castro e o monumento a Castelao; fixeron unha breve descrición dos mesmos e tamén calcularon a diferenza de altitude, usando o mapa topográfico, entre a igrexa de Santa Susana e o campus sur da Universidade. Polo centro histórico seguimos o percorrido que xa tiñamos marcado no plano.              

Aproveitamos ademais esta saída para tomar notas para o proxecto  “Coidando a casa común” no que colaboramos co seminario de Ciencias e Matemáticas. A actividade consistiu en observar o estado das esculturas e obras arquitectónicas que iamos atopando. Pretendemos con este traballo concienciar da necesidade de  coidar e manter para próximas xeracións o patrimonio cultural e artístico que temos na nosa cidade, legado dos nosos devanceiros e testemuña da base da nosa cultura e identidade. 

Amadora

 

 

 

 

 

 

 

logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.