¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

Blog

MUSEO DO POBO GALEGO

 O xoves 20 de abril os nenos e nenas de 2º de primaria visitaron o Museo do Pobo Galego para achegarse un pouco máis á cultura e tradicións galegas. Alí agardábanos uns guías moi especiais: os alumnos de 5º e 6º de primaria.

A visita comezou no Panteón de Galegos Ilustres cunha ofrenda floral a Rosalía de Castro e cun recitado de poemas da autora. Ademais os guías explicáron a importancia da figura da escritora na nosa literatura.

 A continuación os rapaces ían rotando polas diferentes salas: a sala dos oficios, a sala dos traxes e a sala do mar. Na sala dos oficios puideron aprender como se traballaba en diferentes oficios tradicionais coma os de canteiro, latoeiro, carpinteiro, cesteiro, oleiro e zoqueiro; entre outros. Na sala dos traxes viron algúns dos traxes tradicionais galegos, ademais de coñecer as súas partes. Na sala do mar coñeceron as diferentes funcións dun mariñeiro, viron o traballo das redeiras e o traballo dos mariscadores; entre outros. Pero non só se limitaron a observar, senón que tamén participaron de maneira activa e puideron ter nas súas mans os diferentes obxectos relacionados con cada unha das salas.

O alumnado de 5º e 6º de primaria fixo un gran traballo e esforzáronse moito para que os máis pequenos gozaran da saída. Todos eles ían caracterizados conforme á época e ao oficio que representaban. Sen dúbida foi unha mañá do máis enriquecedora.

 

 

 

logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.