¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

  • 20161
  • 20162
  • 20163
  • 20164

MÓVETE CON MOITO OLLIÑO

OS ALUMNOS DE 6º DE EP PARTICIPARON NO PROGRAMA “MÓVETE CON MOITO OLLIÑO” DA POLICIA LOCAL

O día 26 de xaneiro os alumnos de 6º de EP achegáronse ás instalación do Recinto Feiral de Amio para participar no programa da Policía Local “Móvete con moito olliño”.

 

Ao longo da mañá asistiron a unha sesión teórica na que trataron diversos temas tales como o comportamento que deben ter cando son condutores de bicicletas, as principais normas de circulación e prohibicións e a sinalización das diferentes manobras. Tamén recordaron os perigos cos que poden atoparse cando circulan pola calzada, as medidas de seguridade que deben adoptar para minimizar os riscos, o importante que é o uso do casco, así como facerse ver, sobre todo con condicións climatolóxicas adversas.

 Na sesión práctica convertéronse en condutores de bicicletas e Karts co obxectivo de poñer en práctica e interiorizar as normas básicas de circulación e de coñecer as habilidades básicas e as precaucións necesarias para circular nunha contorna urbana dunha maneira segura, respectuosa e consciente.

 policia 5 1

 

 

 

 

logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.