¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

Colegio Plurilingüe San José de Cluny - 981 592 540 - Santiago de Compostela

  • 20161
  • 20162
  • 20163
  • 20164

ADVIENTO 2017

TE ESPERO, SEÑOR

Preparado para que, cuando Tú llames, yo te abra
Despierto para que, cuando Tú te acerques, te deje entrar
Alegre para que, cuando Tú te presentes, veas mi alegría

VEN, SEÑOR
Que el tiempo en el que vivo, no me impida ver el futuro

Que mis sueños humanos, no eclipsen los divinos
Que las cosas efímeras, no se antepongan sobre las definitivas

CORRESPONDENTES 3.0

Ya tenemos grupo de Correspondentes 3.0, ese equipo informativo de 4º de ESO que hace de mediación con Xuventude de la Xunta y que Angeles coordina año tras año. A través de ellos hacemos llegar cada curso las propuestas de actividades que tienen a su alcance y que provienen de distintos organismos. Para cada edad, gusto y habilidades, tenemos poco tiempo y muchas cosas para hacer. Pero nos cuesta arrancar!

CONCURSO CARAPUCHOS ABELLEIROS. XA TEMOS GAÑADORES !!!

O concurso de debuxo Carapuchos Abelleiros organizado polo  c san José de Cluny e o apicultor Xosé Manuel Durán volveu a ter unha magnífica acollida na súa II edición.

O xurado reuniuse a tarde do luns, 4 de decembro, para elixir os gañadores  resultando unha durísima tarefa pola calidade dos traballos presentados. Dunha primeira elección saíron os finalistas de cada categoría. Debido á dificultade atopada para conseguir un gañador, o xurado propuxo a realización dun mural con eses traballos para poder amosar a creatividade dos nosos alumnos.

Da segunda  rolda saíron os  gañadores desta edición:

1º.  Adriana González Pereira

2º.  Lucas Santos Sixto

3º. Candela Gianzo Suárez

4º. Lucía Abad Blanco

5º. Xaquín Álvarez Vázquez

6º. Jimena Martinón Ferrero

Lembramos que estes debuxos serán os carapuchos dos envases do mel desta tempada  do apicultor Xosé Manuel Durán. Así mesmo os gañadores recibirán 1 Kg de mel e a posibilidade de apadriñar unha colmea que poderán visitar na próxima primavera.

A entrega de premios realizarase na tenda  de Xosé Manuel  Durán “A cesta da Saúde” situada na rúa Ramón Cabanillas nos próximos días.

Parabéns aos premiados!!!

 

3º e 4º de Educación Primaria descubre a RUBICUNDO

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria achegáronse o martes, 28 de novembro, ao Auditorio da Fundación Abanca para descubrir a Rubicundo, protagonista da adaptación teatral que a compañía dos Ghazafelhos realizou do libro de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

Esta obra, que traballaron os alumnos como lectura finalista do premio Frei Martín Sarmiento, está interpretada por tres personaxes, Erea, Darío e o propio Rubicundo e cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasou pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outras.

Para quen queira descubrir a Rubicundo ou gozar da lectura desta historia, só ten que solicitar o libro na nosa biblioteca.

4º EP MUSEO DO POBO GALEGO

O Museo do Pobo Galego está de aniversario, nada menos que 40 anos!!! Parabéns!!!

Da man de Celso Fernández Sanmartin comprobamos que o mundo dos apeiros de labranza vai máis alá que o seu uso no campo: podemos ver estas ferramentas convertidas en instrumentos musicais. Cando afiamos unha gadaña ou unha fouce podemos usar ese son como se fose o acompañamento dunha canción. Fai anos a xente cantaba e tocaba instrumentos cando estaban a traballar. Unha desas cancións podería ser esta:

Chegas do campo,

Chegas airosa,

Chegas coloradiña como unha rosa,

Como unha rosa, como un caravel,

Cando chegas do campo,

Chegas pa me ver.

Outra ferramenta básica na cultura galega, é o carro. Cando un carro non se utilizaba máis, todas as súas partes se reutilizaban agás o chedeiro. Pero, que é o chedeiro? Esta parte é a plataforma onde se pon a carga. E así escoitamos a historia sobre Casamardo de Ansián un rapaz de sete anos que salvou ás súas vacas de morrer afogadas...todo un heroe!!!

Enlace museo                      

BIBLIOTECA "SAN JOSÉ DE CLUNY"

A biblioteca  está situada no terceiro andar do colexio e conta con moi boa accesibilidade para todos os alumnos das diferentes etapas educativas.

Esta sala de 60 metros cadrados dispón de varias zonas: zona de lectura, consulta e traballo, zona de lectura informal,  zona de ordenadores, zona de xornais e revista e zona de  préstamo. Ademais dos servizos de préstamo, lectura e consulta dos fondos  tamén é un lugar no que  se elaboran e expoñen os diferentes proxectos realizados polos alumnos.

A biblioteca permanece aberta durante todo o horario lectivo incluíndo tamén os momentos de recreo. Fóra de horario lectivo abre de 13.30 a 15.30 e de 17.30 a 18.30.

                                      

ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL DE 3º EP POLO RIO SARELA

O martes 10 de outubro os alumnos de 3º de  primaria saímos con Xosé Manuel  Durán para descubrir unha nova paisaxe da nosa contorna.

Achegámonos ata a carballeira de San Lourenzo para comezar unha aventura a carón do río Sarela. Debido a que levamos moitos días gozando dun tempo estival, o río case non levaba auga e apenas puidemos observar algún cogomelo. Aínda así descubrimos unha morea de landras e castañas, aprendemos que os muíños  son casas construídas sobre o río que teñen inferno,  e que na cidade temos moitos parques para poder gozar da  natureza e abraiarnos coas cores do outono. Moitos coñecemos a Finca do Espiño e toda a súa variedade de especies vexetais. Unha gran xornada que axudou a estreitar lazos de  convivencia cos compañeiros.

Convivencia 3º y 4º EP

A volta ao cole non pode ser mellor despois de desfrutar da marabillosa mañá no parque de Belvís. Unha maña chea de diversión e compañeirismo. Estivemos todos os alumnos de 3º e 4º de primaria compartindo xogos na natureza: respiramos aire limpo e participamos nos xogos de brilé, pañuelito, a araña e atrapa o rabo. Ademais tamén puidemos ter algo de tempo para mostrar as nosas habilidades nas randeeiras, escaleiras, balancíns ou tobogáns.

 

1º ESO Percorrido por Santiago

Os pasados días 25 e 26 de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO realizaron un percorrido pola alameda e o centro histórico de Santiago. Foi esta a derradeira actividade dun obradoiro de Xeografía que estivemos a realizar nas últimas semanas. Consistiu en facer o percorrido orientándose cun plano e cumprimentando, ao longo do mesmo, un pequeno cuestionario. Na alameda situaron neste plano as esculturas de Valle-Inclán, a leiteira de Calo, Rosalía de Castro e o monumento a Castelao; fixeron unha breve descrición dos mesmos e tamén calcularon a diferenza de altitude, usando o mapa topográfico, entre a igrexa de Santa Susana e o campus sur da Universidade. Polo centro histórico seguimos o percorrido que xa tiñamos marcado no plano.              

Aproveitamos ademais esta saída para tomar notas para o proxecto  “Coidando a casa común” no que colaboramos co seminario de Ciencias e Matemáticas. A actividade consistiu en observar o estado das esculturas e obras arquitectónicas que iamos atopando. Pretendemos con este traballo concienciar da necesidade de  coidar e manter para próximas xeracións o patrimonio cultural e artístico que temos na nosa cidade, legado dos nosos devanceiros e testemuña da base da nosa cultura e identidade. 

Amadora

4º EP Educación Viaria

DURANTE A XORNADA DE HOXE APRENDEMOS EDUCACIÓN VIARIA, PERO, EN QUE CONSISTE? EN SABER SEGUIR AS NORMAS PARA ANDAR POLA RÚA COMO PEÓNS E POLA ESTRADA COMO CONDUCTORES.

NO COLEXIO OS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE SANTIAGO, EXPLICAN A TEORÍA. AQUÍ PODEDES VER UNS VIDEOS SOBRE A IMPORTANCIA DO USO DO CINTURÓN NO COCHE, COMO CRUZAR A CALZADA OU O USO DA BICI.

https://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/educa-tu-mundo/seguridad-vial-prevencion/familias/materiales-educativos/juegos-videos/jota-jota-aprende-seguridad-vial/

DESPOIS DE CAMIÑO Á COMISARÍA FOMOS POLAS RÚAS DA CIDADE OBSERVANDO O QUE APRENDERAMOS NA AULA. E XA NA COMISARÍA COÑECEMOS O SEU FUNCIONAMENTO E A IMPORTANTE LABOR DOS AXENTES PARA A NOSA VIDA DIARIA XA QUE VELAN POLA NOSA SEGURIDADE.

MOITAS GRAZAS AOS AXENTES DE POLICÍA LOCAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

 

5º EP Museos Científicos

O pasado Venres 27 de Outubro os alumnos de 5ºE.P visitaron a Casa das Ciencias e o Acuario da Cidade da Coruña.

Na Casa das Ciencias disfrutaron dunha sesión moi especial no seu planetario.Na escuridade puideron viaxar no tempo e no espazo aprendendo a admirar e entender a inmensidade do noso universo.

A continuación puideron experimentar cos módulos interactivos do museo para despertar a súa curiosidade pola física facéndose preguntas sobre a formación das tormentas, a traxectoria da luz ou a oscilación dos péndulos entre outros.

Outra parada moi agardada polos rapaces foi a visita ao Acuario.

Alí aprenderon un pouco máis dos ecosistemas mariños e a biodiversidade que atesoran.Na sala Nautilus reviviron o sono de Xulio Verne : toparse no gabinete do capitán Nemo rodeados de miles de peixes e do asombroso Gastón o espectacular tiburón toro do acuario.

Xa no exterior saudaron as focas nunha simulación de habitat natural do Atlántico Oriental de onde son orixinarias.

Finalmente a xornada rematou cunha comida ao aire libre nunha ladeira da Torre de Hércules!

Un día inesquecible para todos!!

 

CELEBRACIÓN DOMUND 2017

O pasado Venres 20 de Outubro os alumnos de 5º E.P celebramos o Domingo Mundial das Misións no colexio La Salle de Santiago.

Alí reunímonos estudantes de varios centros educativos da contorna para amosar o noso compromiso co lema deste ano: “Sé valente. A misión agárdate”.

Lembramos o papel dos misioneiros e misioneiras aos que consideramos súper heroes e súper heroínas pois son moi valentes e cuxa misión é a de achegarlle a todo o mundo a grande mensaxe de amor de Deus: a de socorrer e axudar aos demais como se fosen irmáns. Para tan grande misión é necesario axuda de ahí a importancia de colaborar cada ano na campaña do Domund.

Ademais reflexionamos sobre o noso propio compromiso xa que hoxe máis que nunca temos que ser valentes, afrontar os nosos medos e inquedanzas e loitar por lograr un mundo mellor onde o noso papel sexa fundamental.

Só se colaboramos cos demais lograremos cambiar a realidade que nos rodea e acadares obxectivos comúns de solidariedade e respecto os demais . A través de xogos cooperativos exemplificamos que a unión e a colaboración entre iguais sempre fai a forza e que podemos ser sementes dun mundo máis xusto para todos.

O cambio é posible e só depende de nós!

CONVIVENCIA 1º Y 2º EP

 

O pasado venres día 6 de Outubro os alumnos de 1º e 2º EP desfrutaron dun día de convivencia no parque de Belvís.

Antes  de saír do colexio, fixemos equipos coa intención de mesturar aos alumnos das diferentes clases e así poder efectuar as dinámicas de cohesión de grupo con éxito.

Ao chegar ao parque, cada profesor organizou un xogo, polo que pasaron todos os equipos, pudendo experimentar deste xeito distintas situación de cooperación e traballo en equipo, así como desfrutar dos cen compañeiros destes cursos.

¡Foi una mañá xenial!

logo

Rúa A Rosa 13

15701 santiago de Compostela

Telf: 981 592 540

Solicite Información
Contacte Con Nosotros.